Sobre min

Amplia experiencia no tratamento e recuperación funcional de persoas que sofren unha enfermidade neurolóxica e/ou as súas secuelas, xa sexa innata ou adquirida.

Altamente cualificada en diversas técnicas e conceptos para a abordaxe das consecuencias do dano neurolóxico: Concepto Bobath, INN (Integración de Neurodinámica en Neurorehabilitación), Affolter, Perfetti, Vendaxe Neuromuscular, Integración Sensorial, Le Mètayer, DIR Floortime, TMIR (Terapia de Movemento Inducida por Restricción do lado san).

Especializada en Reeducación Funcional, Autonomía persoal e Calidade de Vida.

Qué é a Terapia Ocupacional?

Qué é a Terapia Ocupacional?

A Organización Mundial da Saúde (OMS), define a Terapia Ocupacional como “o conxunto de técnicas,... métodos e actuacións que, a través de actividades aplicadas con fins terapéuticos, prevén e mantén a saúde, favorece a restauración da función, suple os déficit invalidantes e valora os supostos comportamentais e a súa significación profunda para conseguir a maior independencia e reinserción posible do individuo en todos os seus aspectos: laboral, mental, físico e social”. Por tanto, o obxectivo principal dun Terapeuta Ocupacional é conseguir a máxima funcionalidade da persoa con algunha limitación na área motora, sensorial-perceptiva, cognitiva, social, comunicativa ou nun conxunto delas, todo elo a través da actividade significativa.

Qué é a Neurorrehabilitación?

Qué é a Neurorrehabilitación?

A Neurorrehabilitación é un proceso centrado na recuperación do sistema nervioso tras unha lesión... neurolóxica, que ten como misión minimizar e compensar as alteracións funcionais.
A Neurorrehabilitación baséase nas neurociencias, e os seus principios de actuación están fundamentados na evidencia científica da eficacia dos tratamentos.
O termo neuroplasticidade refírese a todos aqueles cambios na organización cerebral, o que se traduce na capacidade de aprender novas habilidades. As últimas investigacións demostran que o cerebro e o tecido nervioso poden rexenerarse mediante o seu uso e potenciación, a través da Neurorrehabilitación.

A quen vai dirixido?

A quen vai dirixido?

O servizo de Terapia Ocupacional especializado en Neurorehabilitación ofrece tratamentos a persoas... con patoloxía neurolóxica, xa sexa conxénita ou adquirida, en etapa infantil ou na adultez.

Na etapa infantil... diríxese a nenos con dano neurolóxico (Parálise Cerebral Infantil, Ictus, Enfermidades neurodexenerativas, Enfermidades neuromusculares, Traumatismos Cranioencefálicos, Lesións de nervios periféricos…), alteracións do desenvolvemento ou dificultades de aprendizaxe.

Na etapa adulta... diríxese a adultos con dano cerebral adquirido (Ictus, Traumatismo Cranioencefálico, Encefalopatías, Outras causas: infecciosas, tumores…), Lesión Medular, Enfermidades neurodexenerativas ou enfermidades neuromusculares.

En qué che pode axudar o terapeuta ocupacional?

En qué che pode axudar o terapeuta ocupacional?

Previr alteracións ortopédicas ou outras complicacións que poidan influír negativamente no desempeño... ocupacional e o benestar.

Estimular o desenvolvemento e/ou favorecer a recuperación de habilidades e destrezas ( motrices, sensoriais- perceptuales, cognitivas, emocionais e sociais) co fin de alcanzar a maior independencia posible e incrementar a participación nas ocupacións desempeñadas ao longo do día.

Valorar e intervir sobre as distintas ocupacións diarias (Actividades Básicas da Vida Diaria, Actividades Instrumentais da Vida Diaria, Lecer/Xogo, Educación, Traballo, Paricipación Social) para mellorar o desempeño ocupacional.

Asesorar e orientar a familiares, coidadores e/ou outras persoas relevantes da contorna social (profesores, ...)

Asesorar en adaptación do domicilio e supresión de barreiras arquitectónicas (tamén outras contornas como o colexio ou o posto de traballo)

Deseñar, fabricar e asesorar no referente a produtos de apoio e adaptación de tarefas, así como férulas e órtesis.

Cómo se traballa?

Cómo se traballa?

Inicialmente realízase unha primeira entrevista onde se recolle toda a información necesaria para facer... a valoración do caso.
Posteriormente lévase a cabo unha avaliación exhaustiva a través dunha entrevista, observación directa e execución de distintos test e escalas estandarizadas, onde se identifican as principais dificultades no funcionamento da persoa e os factores que poden estar a influír no mesmo.
Unha vez analizada a información da avaliación inicial, desenvólvense as sesións de tratamento, onde se poñerán en práctica distintas técnicas e actividades, segundo as necesidades individuais de cada persoa. Por tanto, o tratamento é sempre individualizado e adaptado a cada caso particular.
Ademais, ao longo do tratamento terán lugar avaliacións periódicas co fin de comprobar os avances adquiridos e reformular obxectivos e estratexias se fose necesario.

Onde se atende?

  • No domicilio da propia persoa (zona Santiago de Compostela, Noia e arredores).

    Ademais do aforro de tempo e esforzo nos traslados, este servizo proporciona un tratamento nun ambiente máis real e ecolóxico, aspectos que favorecen un maior rendemento e xeneralización da aprendizaxe.

  • No Centro Néunet (Praza Nosa Señora dá Mercé, 4. 15706 – Santiago de Compostela).

    Coñece o centro Néunet, no que ademais dos servizos de Terapia Ocupacional, poderás atopar os servizos de Fisioterapia e Logopedia, ambos altamente especializados en neuro-rehabilitación.